CAST / GAL

Un futuro sen cor
Pilato, 27, Vigo

Finalista

Ti lémbraste da cor verde? Houbo un tempo no que a herba, as árbores e as plantas eran desa cor. Antes de que o lume tinguira de zinza o monte e tiveramos que fuxir. Daquela tiñamos o corpo cuberto de plumas. Agora vivimos en gaiolas douradas e non precisamos ás porque non sabemos voar.
Antes a xente dicía que o verde era a cor da esperanza. Xa non hai verde. Xa non se escoita piar. O futuro non ten cor.
Compartir: