He participado en #GadisMicrorrelatos | Microrrelatos Gadis
CAST / GAL

Laura, 24, Vigo

Era xa a hora máxica capicúa e Gastón aínda dubidaba. O mariñeiro comezaba a fraquear en canto a forzas e esperanzas de que ela acudise á cita. Quizais agora, que o seu espírito nadaba libre entre correntes, ela xa non lembrase o pacto feito unha década atrás. Cando unha bágoa fuxidiza comezaba rodar pola súa meixela, escoitou un cántico achegarse. Sen dúbida era ela. Paseniñamente, o home desatouse do mástil e fundiuse ó mar do que tempo atrás emerxera.
Compartir: