CAST / GAL

Prefiro unha relación tóxica
Lía, 27, O Hío

Unha tarde galega tan normal coma o camiñar dos xubilados polo paseo marítimo de calquera vila, sen que nada o anunciara, el quixo saber se tiña ilusión. Maldita sexa esta pregunta! Por qué non me preguntou se o quería, se inda me gustaba o sexo, se quería ir de viaxe con el ou se me apetecía unha pizza? Non, preguntou se tiña ilusión.
Así é como remata unha relación baseada na confianza, apoio mutuo, cariño, respecto e compañía. Unha relación tan san que carecía de toda emoción, incluso no seu final, non sentiron sequera mágoa.
Compartir: