CAST / GAL

Entendemento
Andrea3L, 40, O Porriño

Aquel día descubrín a vida, o medo e a morte. Atravesei o fino veo que separa a realidade da ficción, esa que non podes imaxinar e nunca queres vivir.
¡E desexamos, soñamos, e crecemos!
Alimentei o meu ser coa túa doce espera e os teus ollos abertos demandando vida.
A miña alma forzaba o meu corpo, e de ti enchíase a mente esgotada pola separación.
Descubro cada día agardando a xenerosidade do tempo, sen deixar de aprender ata atoparnos.
Compartir: