CAST / GAL

A vida é soño
Luar, 26, O Carballiño

Espertei un pouco tarde e ó saír vin un grupo de nenos xogar na rúa, baixo un sol brillante e un ceo azul coma o zafiro. Escoitei á xente rir, desexándome un bo día cun sorriso de orella a orella e uns ollos que desprendían serenidade.

Paz, cheiraba a paz, cheiraba a unha ledicia que facía tempo que non sentía e o mundo semellaba estar nun equilibrio no que só apetecía ocuparse das cousas, non preocuparse por elas.

Vin un can voando e foi ahí cando espertei de verdade. Como dicía aquel sabio: "os soños soños son".
Compartir: