CAST / GAL

Máis preto do meu soño
S.GarcíaBouza, 34, Oleiros

Sinto a luz entrar pola fiestra, e maldígome por non baixar as cortinas á noite. Doume a volta, poño a almofada sobre o meu cabelo desordenado... Pero non funciona, así que levántome e vou tropezando ata o baño.
"Esperta", di un reflexo demacrado no meu espello.
"Hoxe é o día, tes que crer nos teus soños".
Escóitoo e, sen darme conta, vou baixando as escaleiras.
Anxo estame agardando no despacho.
- Veño pedir financiamento para o meu proxecto - Pecho os ollos uns intres, o tempo suficiente para ser consciente de que estou máis preto de conseguir o meu soño.
Compartir: