CAST / GAL

Microrrelatos
Bases de participación

GADISA RETAIL SLU, C.I.F. B-15735590 con domicilio social en el Polígono de Piadela, s/n, 15300 Betanzos (A Coruña) (en diante, “GADIS” “Organizador”), organiza o V Concurso de Microrrelatos de Gadis Supermercados de acordo coas que se sinalarán a continuación

PRIMEIRA: OBXECTIVO

O obxectivo do concurso é a publicación dun libro de microrrelatos do cal a edición corresponderá ao Organizador, e que estará composto polos microrrelatos seleccionados de entre todos os que participen segundo as presentes bases de participación.

De entre todos os relatos seleccionados para conformar o libro, escolleranse tres relatos gañadores.

A modalidade de participación é Online na web https://www.gadismicrorrelatos.com.

SEGUNDA: VIXENCIA

As datas de inscrición e participación serán dende o 11 de xullo ata as 23:59 horas do 8 de setembro de 2024.

O nome dos autores dos tres relatos gañadores comunicaranse o 19 de setembro de 2024.

O libro publicarase en outubro 2024, salvo caso fortuíto ou forza maior.

Estas datas poderán verse alteradas por calquera das causas que GADIS considere necesarias ou por forza maior, todo o cal comunicarase oportunamente.

TERCEIRA: PARTICIPANTES. INSCRICIÓN Y REXISTRO DE RELATOS

Participantes. A acción está dirixida a maiores de 14 anos, residentes en España. Poderán participar persoas físicas de todo o territorio nacional.

Inscrición e rexistro de relatos. A inscrición do autor e o rexistro do seu relato realizarase nun mesmo momento, a partir do 11 de xullo de 2024 e ata o 8 setembro de 2024 (23:59h) na web do concurso.

Os participantes deberán cumprimentar o formulario de rexistro integramente e de forma veraz. Non está permitido incorporar datos de terceiros ou de menores de 14 anos. Todos os participantes garanten a veracidade, exactitude, vixencia e autenticidade dos datos persoais facilitados. En todo caso, os datos que se soliciten con motivo da participación no concurso serán tratados conforme á normativa de protección de datos. A persoas que non cubriran o formulario de inscrición correctamente ou que o fagan fóra do prazo habilitado para a recepción de relatos non serán considerados participantes.

CUARTA: REQUISITOS DOS RELATOS PARTICIPANTES

  • A temática dos relatos participantes será “Os inicios”.
  • Todos os relatos deberán conter entre tres (3) e cen (100) palabras.
  • O idioma é o galego ou o castelán.
  • O formato para incorporar o relato será mediante un formulario na web do concurso.
  • Os relatos deberán ser completamente orixinais. Non están permitidas as obras derivadas de outras obras pre existentes.
  • Os relatos presentados ao concurso deberán ser inéditos.
  • Os relatos non poden terse presentado a ningún tipo de certame ou concurso previo, nin se en ditos certames ou concursos non resultaron gañadoras.
  • Quedarán excluídos de participación os relatos de mal gusto, obscenos, mal soantes ou que resulten violentos ou agresivos, especialmente para colectivos protexidos ou vulnerables. Calquera apoloxía á violencia, especialmente á violencia de xénero, suporá a eliminación automática. Quedará á completa discreción da organización velar polo cumprimento desta cláusula, non dándose lugar para reclamacións ulteriores por este motivo.

QUINTA: DESENVOLVEMENTO DO CONCURSO

  • A inscrición dos participantes e o rexistro dos relatos farase entre o 11 de xullo ata as 23:59 horas do 8 setembro de 2024. Semanalmente, e durante a vixencia das datas de inscrición, a organización publicará os relatos na web e en redes sociais, excepto aqueles que incumpran as bases. Os relatos poderán ir acompañados de ilustracións aleatorias elixidas pola organización.
  • Pechada a inscrición, a organización fará a selección final e a elección dos tres gañadores.
  • Os datos dos seleccionados e dos gañadores serán publicados na web do concurso.
  • O libro será publicado no mes de outubro, salvo causa que impida a publicación durante ese mes.
  • Algúns dos relatos publicados no libro estarán acompañados dunha ilustración escollida pola organización.

SEXTA: SELECCIÓN DE RELATOS E DOS GAÑADORES. NOTIFICACIÓN

Elección do xurado. A elección dos relatos que formarán parte do libro, así coma dos tres gañadores, será levada a cabo por un xurado composto por membros da organización.

O criterio para escoller a seleccionados e gañadores será totalmente discrecional e subxectivo, aínda que se valorarán aspectos tales como a orixinalidade, creatividade, sensibilidade e a capacidade de síntese, entre outros.

Ao corresponder a selección a un xurado, non haberá posibilidade de reclamacións posteriores.

Notificación. Os nomes e apelidos dos gañadores serán publicados na web e nas redes sociais. Aos seleccionados e aos gañadores notificaráselles a súa condición mediante un correo electrónico segundo os seus datos de rexistro sen que sexa necesaria resposta da aceptación. Aqueles que desexen copia do libro impreso deberán indicalo por escrito seguindo as instrucións que se axuntarán por email. O libro recollerase nun punto de venda GADIS.

Cada relato publicado irá acompañado do nome, idade e cidade de procedencia do autor. Os relatos poderán publicarse con ditos datos tamén nas redes sociais de GADIS para animar á participación no concurso.

SÉTIMA: PREMIOS

Para os relatos seleccionados, o primeiro consistirá na publicación da obra nun minilibro. Os relatos irán acompañados de ilustracións aleatorias escollidas pola organización.

Os premios que corresponden aos tres relatos gañadores son, en orde, os seguintes:

  • Primeiro Premio: Patinete Eléctrico- Xiaomi Electric Scooter 4 Lite 2ndGen, Potencia máx. 600W, Potencial nominal. 300W, 25km autonomía 25 km/H, Negro y Casco- Beetle Helm M1, Talla L.
  • Segundo Premio: Cámara Instantánea-Polaroid Now+ 2ª Generation, Blanco.
  • Terceiro Premio: ebook- Amazon Kindle, 6", Doble de almacenamiento, 16GB, 3000 ppp E-Ink, Negro.

Cada premio é como se expón e non inclúe outros conceptos, agás os que estean expresamente previstos.

No caso de que os datos identificables non sexan correctos ou sexa imposible situar aos gañadores de acordo cos seus datos de rexistro nun prazo de 10 días naturais, o premio quedará deserto sen posibilidade de que se poda reclamar a súa entrega con posterioridade. A entrega do premio será acordada con cada gañador no Gadis que nos indique.

OITAVA: CONDICIÓNS DOS PREMIOS

  • Os gañadores deberán facilitar unha fotocopia do seu DNI, NIE ou outro documento válido de identidade se GADIS así o require. No caso de requirirse comprobación de identidade e algún dos gañadores non a axuntase, perderá o dereito ao premio.
  • Os premios en ningún caso poderán ser obxecto de cambio, alteración, compensación económica ou cesión a petición dos gañadores.
  • Se por calquera motivo alleo a GADIS non houbera dispoñibilidade de premios, queda reservado o dereito de substituílo por outro de igual ou superior coste.
  • O premio é intransferible.
  • Será por conta de GADISA RETAIL, S.L.U. o pago do IMPOSTO DE VALOR ENGADIDO correspondente ao valor do premio, así como a retención a conta do IMPOSTO SOBRE A RENDA DAS PERSOAS FÍSICAS, de acordo co establecido no vixente Regulamento do Imposto Sobre a Renda das Persoas Físicas, aprobado polo Real Decreto de 30 de decembro de 1991 nº 184/91. Será por conta do agraciado a liquidación final de dito imposto no da súa tributación persoal.

NOVENA: PUBLICACIÓN DE DATOS E DEREITOS DE IMAXE

Por motivos de transparencia e por respecto ao dereito moral de paternidade da obra, os participantes inscritos autorizan á publicación na web e no libro, se se trata dos gañadores, dos seus nomes e apelidos, idade e cidade xunto co relato participante.

Todos os participantes autorizan a GADIS a reproducir, utilizar e difundir o seu nome, apelidos e imaxe en calquera actividade publicitarios e/ou de promoción que estea relacionada con esta acción, todo isto en calquera medio (perfís de redes sociais de GADIS, web site, entre outros) sen que obteñan dereito de remuneración ou beneficio algún con excepción feita da entrega do premio obtido conforme a estas bases.

DÉCIMA: PROPIEDADE INTELECTUAL

Sendo o obxectivo do concurso a publicación dun libro, será preciso que os autores cuxos relatos sexan seleccionados para formar parte de dito libro, cedan os seus dereitos de propiedade intelectual en favor de GADIS, e en concreto os seus dereitos de explotación. Para o cumprimento de dita finalidade, para concursar será necesario estar de acordo con esta cesión e os seus termos, os cales poden ser consultados no documento “Acordo de Cesión de Dereitos de Propiedade Intelectual”.

Os dereitos morais son inalienables e corresponderán sempre aos seus autores.

UNDÉCIMA: RESPONSABILIDADE E RESERVA DE DEREITOS

  • GADIS resérvase o dereito de excluír de participación a aqueles que non cumpran cos requisitos de participación
  • GADIS resérvase o dereito a excluír a participación ou de deixar os premios desertos no caso de que existan presuncións de fraude ou porque non se cumpre cos criterios do xurado.
  • GADIS poderá realizar modificacións na mecánica co obxecto de mellorala ou de evitar actitudes fraudulentas. Tamén poderá realizar outro tipo de modificacións sempre que estas estean xustificadas e non prexudiquen aos participantes.
  • GADIS resérvase o dereito de non admitir ou excluír os participantes ou os gañadores do concurso que facilitasen datos falsos, erróneos, inexactos ou que incumpran o establecido nas presentes Bases, quedando eximido de calquera responsabilidade no suposto de que ditos erros ou falsidades impidan identificar aos gañadores do premio.
  • A entidade organizadora resérvase o dereito de manter temporalmente a web inoperante por razóns de mantemento e/ou seguridade.
  • GADIS exclúe calquera responsabilidade por danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse a falta temporal de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento dos servizos mediante os que se participa e, en particular, aínda que non de modo exclusivo, as incidencias que poidan derivar de fallos de acceso a Internet ou erros de calquera mensaxe de correo electrónico destinado a GADIS.

UNDÉCIMO: PROTECCIÓN DE DATOS PERSONALES

O usuario pode consultar e navegar polo sitio web sen revelar a súa identidade nin proporcionar datos de carácter persoal. Se ben no caso de que calquera usuario cumprimente de forma voluntaria os formularios do sitio web www.gadismicrorrelatos.com a efectos da lexislación en materia de protección de datos, e da Regulación UE 2016/679, do Parlamento Europeo y del Consello, de 27 de abril, informamos aos usuarios:

  • Que os datos recollidos nos distintos sorteos, promocións ou concursos serán tratados coa finalidade de xestionar a relación de estes, o que inclúe a organización, control e entrega de premios, estando lexitimada para dito tratamento polo consentimento outorgado expresamente polo interesado.
    As categorías de datos tratados son os relativos a datos de identificación (coma nome e apelidos) e datos de contacto. Os seus datos serán conservados durante o período de desenvolvemento das accións de promoción. Se autorizou o envío de información comercial, trataremos os seus datos mentres non exercite o seu dereito de cancelación.
  • Os seus datos persoais poderán ser comunicados a terceiros a través de redes sociais, web ou calquera outro medio que a organización estime oportuno para promocionar o concurso. Deste mesma forma, os datos dos gañadores poderanse comunicar ás empresas do Grupo Gadis Retail S.L.U. coa finalidade de xestionar a entrega dos premios no supermercado Gadis elixido.
  • Gadisa Retail utiliza a plataforma MAILCHIMP para os seus envíos de promoción.
  • O interesado poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou supresión, oposición, á limitación do seu tratamento ou a portabilidade dos datos dirixíndose: Por correo postal GADISA RETAIL S.L.U., situada no Polígono Piadela, s/n de 15.300 Betanzos. Por correo electrónico, á dirección lopd@gadisa.es. Indicando en REF: Protección de datos ( Gadis Microrrelatos ). Igualmente vostede ten dereito a presentar a súa reclamación ante a Axencia de Protección de Datos. O envío de comunicación publicitarias e/ou comerciais son conformes á Lei 34/2002 ( LSSICE).

DUODÉCIMO: LEXISLACIÓN APLICABLE, ACEPTACIÓN DAS BASES E COMPETENCIA

  • Esta acción regularase pola lei española vixente.
  • A participación no concurso supón a aceptación íntegra e incondicional das presentes Bases.
  • As presentes bases están suxeitas a posibles cambios que poidan ocorrer por motivos alleos a vontade da entidade organizadora, erratas ou causas de forma maior, modificacións que se integrarán sempre que non prexudiquen aos participantes.
  • Poderase esixir a cada gañador a firma dun documento acreditativo da entrega do premio.
  • Todos los conflitos que poidan ocorrer someteranse á decisión dos tribunais de A Coruña.
Microrrelatos Gadis