CAST / GAL

Dúplice
Brea, 33, Vila de Cruces

Quedei durmida co libro aberto. Cando acordei, as pingas repenicaban na xanela e un ruído estraño fíxome erguer dun chimpo.
Crucei o corredor temerosa, pois sabía que non había ningúen máis na casa. O televisor estaba acendido e nel puiden ver unha escena coñecida: o meu cuarto e a miña cama na que durmía unha moza. A rapaza semellou espertar e ergueuse. Nese intre, puiden comprobar que esa rapaza era EU mesma! Uns pasos aproximábanse e ela xa non estaba no televisor.
Comecei a gritar!
Pero de súpeto...
Piii...
Piii...
Piii...
O espertador.
Compartir: