CAST / GAL

Trampas
Juan Antonio, 47, A Coruña

Senteime ao lado dun home que estaba mirando ao mar, debruzado sobre un caxato de buxo, groso e retorto como unha vide vella. Levaba gorra de mariñeiro e cara de mar, inzada de sucos e cicatrices profundas, das que deixa a vida ao marchar. Non sabía que lle dicir e mirei cara onde el miraba, un punto preto do infinito no que un barco, pequeno e vermello, ía facéndose invisible aos poucos. Nos seus ollos había tanto de evidente como de segredo. "Para onde irá?", pregunteille, por falar. "Da terra para o mar, onde unha cousa remata, outra empeza."
Compartir: