CAST / GAL

Os soños durmidos
Eva GC, 38, Calle Duque de Rivas 5 4°A

Tras os seus ollos agarda a vida, durmida, agochada.
Van soando campás ao lonxe que xa escoitou noutros mundos narcóticos. Nun deses escearios dos soños é cantante, noutro ten sete netos e ramen aprendeu a voar. De neno sempre lle gustou durmir porque durante esas horas podía ser quen quixera, sen medos nin medidas.
Fai moito que non ten recordos das súas noites, agora só hai un gran pano nos escearios da súa nenez e ninguén actúa.
Seguen as campás que anuncian que a noite escura remata.
Abre os ollos e comeza a soñar.
Compartir: