CAST / GAL

Chamada frustrada
NuskaCV, 29, Redondela

A soidade escollida; a estrada infinda; o tacto do volante e da panca de cambios; o horizonte ornado polos montes e a luz alaranxada do solpor.

Soa o mans libres. Es ti. O corazón bombea felicidade. A miña mente, sorprendida, non dubida en aceptar a chamada.

Os meus oídos regálanse coa túa voz queda. “Como estás?”. Esa pregunta fúndeme por dentro.

Falamos durante varios minutos, mentres todo ao meu redor se transforma en po e desaparece.

Imaxínote alí, comigo.

O onírico pérdese e retorno á realidade. Por suposto, así tiña que ser. Ti non es das que chaman sen razón.
Compartir: