CAST / GAL

O valor da robaliza
Mª Josefa Souto, 43, Vilagarcía de Arousa

Empezaba a arrefriar e despois de tres horas xa me doían as mans. A cana só se dobraba co peso das algas que teimaba en traerme unha e outra vez.
As robalizas parecían rirse de min, bailando dun lugar a outro como os nenos pequenos diante do palco cando a orquesta tocaba na verbena. Arriscaban as súas vidas con afouteza.
De súpeto, cando xa me ía dar por vencida, a cana dobreuse novamente. Á fin, conseguira pescar unha fermosa robaliza. Ese día descubrín o valor de tan prezado manxar.
Compartir: