CAST / GAL

Ti
Porfirio, 50, Vigo

Quizais estaba afeito descubrir cousas novas cada día. Un sabor, un cheiro, esa canción que de súpeto emociona, pero para o que non estaba preparado era para descubrirme eu. Tiveron que pasar moitas cousas, pero sobre todo tiveches que pasar ti.
Fuches esa chave que abriu a porta dos meus sotos escuros deixando entrar a luz, limpando o aire viciado e deixando saír o que tan escondido tiña que nin tan sequera me acordaba da súa existencia. Es a que puxo orde nese burato, deixándoo limpo do que xa non servía. Es o meu descubrimento.
Compartir: