CAST / GAL

Ollos alleos
María, 20, A Coruña

Quedei con ela e sorprendéronme todos os seus cambios. Agora levaba o pelo doutra cor e tiña unha tatuaxe no brazo. Tras tantos anos, nunca pensara que a vería así. Entón miroume fixamente e me dixo: que miras? Estás súper rara. A túa actitude, o que me contaches... Non o esperaba!
E o certo e que eu tampouco. Canto mudei! E de certo que non mudei, senon que me atopei a min mesma. E ata que non me comparei coa miña versión anterior a través dos ollos alleos, non me decatara. Sorrín e aperteina con forza.
Compartir: