CAST / GAL

LIBRE
Laura, 26, Vigo

Soñei que me mergullaba nun mar de bolboretas e saíanme ás para voar libre.
Cando espertei, sentínme pecha, abafada. Abrín as fiestras, bebín o ar lixeiro e notei os pes erguéndose do chan. Un sorriso de malicia fuxiume dos beizos. Quen ia crer aquela tolemia?. Calei, non lle contei a ninguén o meu segredo.
Dende entón, cada noite saio a voar. Espallo as miñas ás de cores, e percorro o mundo sen cadeas. Para estar presa, abóndame o día.
Compartir: