Auga máxica
Celia, 67, Vigo
Finalista

Nacín fai moitos anos nun pedregal. A miña cantarina voz escoitase baixo as pedras se un oído atento se para a desfrutar a miña música. Dende máxicas terras luguesas baixo calmo ou impetuoso entre vexetacións luxuriosas, por praderías solitarias, por vales enmeigados. Uníndome con outros con afouteza, con ledicia, con cobiza. Xuntos facémonos grandes, fortes, serviciais. Xuntos alegramos os corazóns e damos vida as contornas. Xuntos chegamos ao fin para fundirnos na inmensidade máxica e engaiolante do océano.
Son o río. O río Miño. O pai de todos os ríos da fermosa terra que me acolleu con agarimo. Para sempre.
Son o río. O río Miño. O pai de todos os ríos da fermosa terra que me acolleu con agarimo. Para sempre.