CAST / GAL

Mar de estrelas
Martin, 25, Teo

Aquela auga tragaba aos bos, aos malvados, mais esa noite todo estaba calmo. O navío movíase lento, como se ninguén estivese alí para movelo. Alí ao temón, mantíñase firme de pé. Podía velo todo e nada á vez, pois non parecía haber res alén do horizonte. As estrelas mesturábanse coa escuma do mar nunha danza hipnótica e relaxante. Non era quen de esquecer esa maxia oculta de estar só no medio da calixe mariña.
Mais o corpo de Antón estaba quedo e frío, conectado a unha maquiniña que chiaba.
Rescatárano nas últimas, dese mar feito só para quen o ama.
Compartir: