CAST / GAL

Apertas
sanfiva, 37, Miño

Esta noite soñei contigo. Soñei que os nosos camiños se cruzaban de novo. Sentín unha nostalxia máxima ao darme de conta de que xa non estabas connosco, pero que aquela era a oportunidade do destino para volver a sentir os teus brazos, entón espertei pero decontado volvín ao meu soño para darche a anhelada aperta. Sentín ese abrazo como se en realidade non estivese soñando. Espertei esa mañá coa sensación de que despois de dous anos sen ti, outra vez podía sentirte como cando era cativa e me collías no colo. Grazas por seguir ao meu carón.
Compartir: