CAST / GAL

Os veráns aburridos en Vigo
ADELA PINTADO, 43, VIGO

A calor era insoportable, despois da cea, saiamos dar un paseo ata o Naútico.

Os meus pais, mercábannos un xeado en Capri, a mellor xeadería artesá da cidade.

Saboreabamos ese momento do día, lambida a lambida e parabamos no Hotel Internacional, para escoitar a música en directo.

Un día, decidín cambiar de sabor e pedín un xeado de limón, agardábao acedo e desagradable ao padal, mais non foi así, a crema encheu de sabores a lingua, notaba eses pequenos grumiños da polpa, e o acedo natural, contrarrestado polo azucre en po e o leite condensado.

Unha delicia refrescante.
Compartir: