CAST / GAL

Reinicio
Gandarana, 69, A Coruña

Aquel día sentín a luz do sol na cara, coma a primeira vez na miña vida. Despois, unha sensación tépeda, táctil, de seda. Pálpebras pechadas para escoitar as miñas mans que se embobaban xogando entre elas. O intenso recendo da roupa limpa estimulaba o meu maxín. A velaíña voz da enfermeira dixo: María, escóitasme? Foi a corda que me rescataba do mundo dos case mortos, no que moramos inconscientes os habitantes das UCI. Unha bágoa aterrou nalgún recuncho da miña fazula e fun consciente deste corpo fuxitivo que empezaba a recuperar tras aquel fatal accidente de tráfico.
Compartir: