Mira, e viu
Alvima, 30, Lugo
Finalista

-Mira,- díxolle o mozo- se non corres, nunca chegarás.
-Mira,- contestoulle ela impávida- se non paro, nunca verei.
Ao parar, ela non era a mesma. Por primeira vez na vida, deixara as présas a un lado, para ulir, ver, sentir e vivir un mundo novo. Por primeira vez ela, que vivía correndo, descubriu o que era parar.
-Mira- dixolle ela sinalando unha folla caída da árbore,-mira!
E el, que non cría descubrir nada novo no bailar dunha folla no ar, el, mirouna e viu.