CAST / GAL

Apertas
N. Carreira Fiúza, 32, NOIA

Xa case as esquecín, pero que ben sentaba notar a calor humana! Xuntar o corpo dun co doutra persoa. Notar o latexar do corazón alleo. O olor. A suavidade da pel e do cabelo. Notar a sinceridade e a complicidade cun xesto tan simple. Hai quen non é quen de respectar unhas simples normas que nos permitan recuperar algo tan esencial: as apertas.
Compartir: