CAST / GAL

Cousas da vida
Marcos Tesouro Montecelo, 44, OURENSE

“Se levantó una mañana, cansado de vivir sin vida. No le importaba nada, buscaba una nueva salida” canta, como todos os días, Lois na ducha antes de comezar a súa peculiar xornada.

Cun día de outono, pero que parecía verán, rescata eses pantalóns frescos e camiseta curta e arranca co seu paseo diario para matar as penas da súa situación.

No medio do camiño, parada no quiosco de Xurxo a botar a primitiva. Do pouco que se pode permitir. Cando vai pagar descubre un boleto, case desfeito, esquecido no pantalón desde vai ti saber cando. Xurxo compróballo na máquina e...
Compartir: