CAST / GAL

Segredo
Ana, 55, Vigo

—Hoxe soñache con León?
Preguntoulle Clara mirándoo en fite.
—Si, hoxe tamén.
A voz de Adrián foi coma un fío de seda. Ela sorriulle e chocaron as mans.
Un dedo del quedou uns segundos, perguiceiro, entre os dela.
León era o can do avó de Clara.
Facía dous meses que morrera.

A Clara refulxíanlle os ollos cando el lle dicía que si, que tamén soñaba con León.
En realidade, noite tras noite, Adrián quedaba prendido do sorriso dela. Logo, abanado pola respiración de Clara, durmía ata que, pola mañanciña, o despertador esnaquizaba o feitizo.
Compartir: