CAST / GAL

O paxaro
Cerdicornio, 44, Narón

Cada día anhelo pechar os ollos para durmir, porque a liberdade agóchase aí. Desexo soñar durmindo porque os meus brazos convértense en ás. E coma se fose un paxaro, alzo o voo para percorrelo todo. A sensación de voar toda a noite fai que non quera espertar. Degoirada por descubrir unha nova viaxe. Acompáñasme? E logo, non queres ser libre?
Compartir: