CAST / GAL

Esmola
Manolito do Carreiro, 63, Ferrol

Pedía esmola na igrexa. Se alguén quixera plasmar sobre o lenzo a tristura, non tiña máis que debuxar a súa cara.
Desde entón, cada vez que pasaba a carón do templo, deixáballe unha moeda nunha patena que sostiña entre as pálidas mans.
Tiña un soño: quitar adiante a tres meniños que un pai covarde abandonara.
Aquel día, ao achegarme a ela, dinme conta que non levaba moeda algunha no peto, mais acababa de mercar un boleto de lotaría ao chou e depositeillo na bandexa.
Non volvín a vela.
Compartir: