He participado en #GadisMicrorrelatos | Microrrelatos Gadis
CAST / GAL

Mariel, 52, A Coruña

Primeiro premio

Foran amigas sempre. Naceran na mesma aldea. A vida marcoulles camiños separados, pero mantiveron a amizade e tódolos anos na sesión vermút na festa da aldeiña, bailaban xuntas un pasodobre.
—Este ano non hai verbena, avoa. Polo virus.
—Eu vou ir igual.
Tareixa era testana e ao mediodía saíu axudada polo bastón e a neta cara o campo da festa. Alí agardaba Carme, na súa cadeira de rodas, empurrada polo fillo.
Ergueron a Carme. Fundíronse nunha aperta e amodiño, os seus torpes pés comezaron a moverse ao ritmo das trompetas e saxos que entoaban nas súas cabezas: Islas Canarias... Islas...
Compartir: