CAST / GAL

O corazón do Toxo
Ro, 33, Lugo

Ainda vivindo nesta terra onde abundan tanto, tardei trinta e tres anos en descubrir que os toxos non pican. Somos nós quenes nos ferimos ó agarralos. Porque sempre, todo, fai dano na medida en que nós mesmos nolo facemos. Hai que aprender a tocalos, a aloumiñalos, a sentilos, a tratalos, a coidalos. Darlles o valor e o agarimo que merecen. Só así poderas coñecer de verdade o que esconden e porque deles, do seu espiñado e duro corazón, sae ese fermoso alecrín dourado.
Compartir: