He participado en #GadisMicrorrelatos | Microrrelatos Gadis
CAST / GAL

Tristán, 21, Ourense

Finalista

Non había nubes nin chuvia en Ribadavia. Só había unha luz cegadora que me deixaba sen alento. Entraba pola fiestra, fusionábase co meu cuarto, mentres eu miraba, miraba, miraba, e volvía a mirar. Simplemente miraba, pois así, o tempo pasaba.
Un día, cun pouco de medo, collín un tren. E había unha luz cegadora que me facía sentir libre. Entraba pola fiestra, fusionábase co pasillo vacío, mentres eu miraba, miraba, miraba, e volvía a mirar. Pero agora miraba ás paisaxes, aos montes galegos, ao río Miño... E cando o tren chegou ao meu destino, miraba, miraba e mirábache a ti.
Compartir: