A pinga
Matías, 33, Santiago de Compostela
Escorrégame sen presa algunha pola beiriña do nariz ate camuflarse nos peliños do bigote.
Lémbrame a eses días de nubes negras, cando sentes na caluga unha punzada fría que anuncia a tremoeira que está por caer.
Esta pinga esvarándome pola faciana converteuse no preludio de dúas súbitas fervenzas con orixe nos montes lacrimais.
Resóame na cachola a voz do meu estrito avó:
–Os homes non choran.
I eu coa face desartellada e os olliños vidrosos, vendo como un bebé raposo era acollido por unhas canciños.