CAST / GAL

Vendo subconsciente
Periña de Castro, 34, Ourense

Soñei que era un luns e ninguén me quería.
Soñei que soñaba no mesmo sitio que alguén.
Que comía un calcetín usado porque era o alimento do futuro.
Que á miña nai lle facían un transplante de cara.
Que ao meu pai o mataban os xihadistas.
Que alugaba un piso no que, cando eu estaba dentro, fóra tronaba.
Soñei que podía recitar "Juego de Tronos" de memoria.
Que tiña un apartamento en Manhattanm pero durmía na cama do can da veciña.
Soñei que os narcos me perseguían.
Que Rihanna esnafraba o seu coche contra o muro da miña oficina.
Compartir: