CAST / GAL

De cando descubrin o ceo
AASAEM, 67, Moaña

Finalista

Tiña 6 o 7 anos, sentada na porta da miña casa, ollaba para o ceo por mirar… era a noite de S. Xoan. Nunca me fixara… tan inmenso, tan estrelado… Estaba descubrindo o ceo!!!
Lembro meu pensamento: quería escudriñar mais alá do que meus ollos alcanzaban; a sensación de sentirme tan pequena ante algo que parecía infinito, fixo na miña mente infantil crear o temor de que poidera cair alguhna estrela ou mesmamente a lúa, levanteime de súpeto e fun refuxiarme nos brazos da miña nai, que sorprendida, agarimoume como só unha nai sabe facer.
Compartir: