CAST / GAL

Na caixa
BegoD, 54, A Coruña

Se tomara a decisión definitiva de coller ese avión, despois de darlle moitas voltas, agora non ía botarse atrás.
A felicidade estaba agardándoo cando baixara esa escaleira, ao chegar ao seu destino.
Despois de tantos anos foi quen de sopesar os pros e os contras, e agora non ía mudar, porque diso dependía unha nova vida que colmaba todos os seus desexos.
Acabábase a rutina, o deixar facer aos demais e quedar sempre de último...
Escoitou entón "seguinte", e moveu o carro na cola, listo para pagar a compra desa semana.
Compartir: