CAST / GAL

Auroras forestais
Chiclana, 33, Monforte de Lemos

Finalista

Botóusenos enriba outra noite sen estrelas. Sostemos con firmeza a serpe que trousa auga, coma se foramos hoplitas gregos. O lume cubriunos co seu loito. Non me atrevo a ollar ao novo horizonte, non me atrevo. Pido prestadas todas as Perseidas para que as nubes atendan os nosos rogos! De súpeto, sinto un tímido bico, ducias, centos! A choiva afoga ao colosal dragón. Agora o noso souto crepita coa dor. Pecho os ollos con forza soñando coa vindeira colleita.
Compartir: