CAST / GAL

A excursión
Laura DoMe, 25, Ponteareas

Finalista

O sol coábase polas ramas das árbores nunha mañá de verán nas montañas. No alto dun carballo, un paxaro descansaba no seu niño e observaba o ensaio do coro das ras.
O regato baixaba sosegado por entre as pedras onde un pequeno rato aproveitaba para bañarse e tres cabaliños do demo facían garda arriba e abaixo na procura dun sitio onde pasar o día.
De súpeto, uns pasos internáronse na calma do bosque. Os olliños de quen esperta, vive e dorme entre o cemento, o asfalto e o ruido. A emoción de quen mira algo por primeira vez.
Compartir: