He participado en #GadisMicrorrelatos | Microrrelatos Gadis
CAST / GAL

Yoli, 37, Rodeiro

Finalista

Casualmente, no momento no que non podía encontrarme con ninguén, terminei encontrándome coa persoa máis importante da miña vida. Esa persoa á que por tanto tempo deixei esquecida.
Aquela mañá mirei ao espello e vina. Souben que non era o que facía, souben que non era o que tiña, que nin sequera era o que pensaba. Souben que, simplemente, era e abraceime.
Compartir: