CAST / GAL

Doces soños
Sara Lúa, 51, A Coruña

Atravesou o arco da vella polo carreiriño de froitas confeitadas e ambrosías: dátiles con chocolate, pralinés, canela e xenxibre, guindas, cornetes de nata, noces e mel; e doce de leite. Da árbore penduraban vinte e sete Golden bañadas en almibre lustrosísimo de cereixa: nacían así, con carcasa vermella, das pólas da froiteira, algunhas tan longas que as mazás rozaban o chan. Embriagada polo azucre quente e as améndoas 'garrapiñadas', acariñou un merengue e esmagallou entre lingua e padal o botón rosáceo de claras a punto de neve.

A torrada resesa do orfanato fora a culpábel daquel soño tan doce.
Compartir: