CAST / GAL

De cero
Elena, 44, Narón (A Coruña)

A casa en silencio, baixo as mantas, arropada case ata afogar, repaso mentalmente cada intre dos nosos quince anos de matrimonio e chega esa dor punzante que me fai morder a almofada para que o meu choro non desperte a miña pequena, que durme ao meu caron, testemuña inocente do meu descubrimento, testemuña do engano que destrozou a nosa rutina tal e como a coñeciamos, preparándonos para empezar de novo, sen saber moi ben como. E descúbrome cada mañá ante o espello, obrigándome a levantar a cabeza e a afrontar a miña vida, sin él.
Compartir: