CAST / GAL

Enxebre coma a morriña
Antía, 22, A Coruña

Os descubrimentos son os que fan medrar ao ser humano, aínda sabendo que nunca imos poder descubrilo todo.
Ás veces, emperrenchámonos en descubrir a mesma pedra unha e outra vez, vaia paradoxo! Mais sempre nos serve de aprendizaxe e poñémonos de pé para seguir co noso camiño, máis fortes que antes.
Porque nós somos así. Animais que precisan de erros para atopar o acerto, que precisan de dor para coñecer a verdadeira ledicia e que, por moitas rochas coas que nos batamos, endexamais ficamos no chan.
Sempre haberá unha man que che axude a erguerte cando ti non poidas.
Compartir: