CAST / GAL

Soñando espertas
Carmen Ordóñez, 41, BOIRO

Nora e Kora erguíanse cada mañá cheas de enerxía, almorzaban, corrían daquí para alá coma tolas, e de repente, sentábanse a soñar.
Nora soñaba con que durmía, horas, estomballada nun prado con flores e despertaba co aleteo dunha bolboteta no nariz. Kora soñaba o mesmo pero na sombra dunha viña, a ela gustáballe oír as gaivotas e o bater da olas do mar. As dúas, dona e cadela, non querían que rematase o vran.
Compartir: