CAST / GAL

Chuchona
Volvoreta, 63, Tui

Este é un dos contos que recordo que me contaba a miña bisavoa. Dábame tanto medo que xa nun durmía en toda a noite, pero tampouco podía deixar de escoitar.
A historia vai sobre unha meiga que chamaban a "Chuchona".
Contan que tiña os dentes verdes, moi afiados e que saía todas as noites polas corredoiras en busca de nenos para chucharlles o sangue, comelos e despois enterrar os ósos. Así xamais aparecían!

Así que xa sabedes, non saiades de noite sen os vosos pais ou avós! E mirade de cando en cando por riba do ombreiro, por se acaso!
Compartir: