CAST / GAL

SOÑEMOS
Aracné, 73, Porto do Son

No solpor daquel día que agoniaba maino, unha airexa de luz percorreu os nove mares desta i-alma miña.

O setestrelo no outo ceo escintilaba as sete cores do arco da vella. Venus co seu monte iluminaba aquel acubillo de paixón e lecer, namentres os hipocampos de mar facían danzas permanentes na procura das súas sereias cantoras. Ata Aracné deixou de tecer as súas teas de fíos incoloros para presenciar aquel luar.

-Se soñar é vivir... Vivamos!
-Se vivir é soñar... Soñemos!!

Así pasou aquel día, aquela noite, aquela nube.
Os solpores, os alborexares, as nubes pasan; as ilusións permanecen, Károl.
Compartir: