CAST / GAL

Elsa
NILOTNA, 38, MONFORTE DE LEMOS

Elsa miraba obsesivamente o movemento das ondas do mar durante horas agardando por algo que a guiase. Así estivo un día e outro día seguindo a mesma rutina durante varios meses; ata que por fin, sen case darse conta, foi consciente que o simple feito de ir á praia, despois do infierno que vivira na súa relación ideal, era a mellor mostra de que estaba preparada para seguir adiante, para ser libre, para ser independente, para ser... simplemente a Elsa chea de ilusións e soños doutrora.
Compartir: