CAST / GAL

Retales
Reichel, 53, Chandrexa de Queixa

Daquí para aló, os recunchos emborrallados da existencia, algunha raiola de sol, o amor dicen, estóupome contra unha muradella de pedra, non hai saída, volto a intentalo cun sorriso preñado de mentiras, cunha patada nas entretelas que sacude os cementos mesmos da existencia, hoxe, mañá...ata cando? Descubro que podo correr, esquecendo toda a carraxe, voar soños alleos que recompoñan as puntadas das miñas cicatrices, ollar ceos vermellos do solpor das miñas bágoas, arar terras ermas cos meus soños esquecidos. Fico na esquina da derradeira forza e certa do que son e de quen son, daquelo que queda: a vida espida
Compartir: