CAST / GAL

Nacer
Teresa Ventura, 21, Ribadeo

A escuridade invádeme, loito contra esa forza que me achega a un lugar frío, descoñecido. De repente escoito murmullos, a miña cabeza abálase na loucura. Tremo e unha humidade percorre as miñas meixelas. No meu interior impulsase unha voz. Sento un tacto coma de algodón. De súpeto non podo moverme, pero non sinto medo, agárranme con forza. Os meus ollos, que nunca necesitei abrir, destápanse para velo. E descubro o amor verdadeiro, a confianza e a tenrura. Descubro a miña nai.
Compartir: