CAST / GAL

Espertar á vida.
Nue, 39, Brión

Foi esa mañá, nese intre, alí.
Encadeado na escuridade infinita que o abranguía todo, na pelexa diaria contra si mesmo, por ser, por querer espallar esa luz que levaba dentro, por facer vivir os soños enterrados.
Foi nese intre, alí, esa mañá na que non tivo máis opción que facelo.
E fíxoo.
Atreveuse a soñar a súa vida, sorriu, medrou, sentiuse libre.
Non quedou só nese intre, nesa mañá, alí...
Espertou á súa vida.
Para sempre.
Compartir: