CAST / GAL

SANTIAGO
Antía Rodeiro, 19, Noia

As rúas fican abraiadas polo dualismo de risas enlatadas de universitarios durante o inverno e turistas con cantidades industriais de crema solar no verán.
Semellan máis caladas esperando que se volva encher de vida, e que vida.
Compostela voltou parte de nós, garda ledicia e corazóns; que espallamos en forma de discurso indirecto ao volver ás nosas casas. Garda noites na zona Vella e bicos en Belvís.
Os desastres de cada un de nós; a maxia de ateos e cristiáns e recunchos agochados cheos de segredos, que Santiago garda esperándonos. Ata que volva a vida, ata que o descubra setembro.
Compartir: