CAST / GAL

Flores
Martoxa, 37, Lugo

E despois de tropezar con tantas pedras, ogallá só foran dúas veces, pero foron moitas con diferentes nomes. Nomes de amigos e de amores. Ela sempre se erguía, ben chorada xa, cabeza ben alta e a seguir camiñando. Perdoando gratuitamente e facendo como que nada pasara. Sen cobrar ningunha peaxe a ninguén, salvo a ela mesma. Sen embargo un día sen máis dixo : ¡non! Descubriu a súa valía,a súa fortaleza, e que en lugar de camiñar entre esas pedras merecía vivir entre flores.
Compartir: