CAST / GAL

Once de abril
Adrián Chiclana, 31, Monforte de Lemos

Abandonei aquela habitación paseniñamente, as miñas pernas non acabaran de espertar. No corredor atopábase todo o persoal sanitario. Comezaron a aplaudirme con forza. Mais se o mérito é voso! Na saída sentín o perfume da atmosfera primaveral, baleirando dos meus pulmóns a asepsia do hospital. Baixo este sol, descubrín a vida.
Compartir: