He participado en #GadisMicrorrelatos | Microrrelatos Gadis
CAST / GAL

Marco Pichucho, 42, A Rigueira (Xove)

Terceiro premio

A avoa dicía que as tormentas duraban sete días. Aseguraba, tamén, que sempre comezaban na enchente da marea. «Vou tronar!», respondía cantareira se alguén lle preguntaba polo seu destino cando saía da casa chovendo. E ríase.
Agora a avoa esqueceu a retranca. Adoita ficar ausente, engurrada e coa cabeza baixa. Olla para as súas propias mans, pousadas sobre o colo, mentres enreda cos dedos unha e outra vez. Maimiño, anular, pai de todos, furabolos, matapiollos. Ela aprendeume os nomes.
Por fin hoxe púidena ver de novo. Fóra, a choiva cae con forza. É auga de tormenta, pero non trona.
Compartir: